Se ha producido un error en este gadget.

9/4/09

D E S T I N O C O N X O (31 d e m a i o de 2009)

Faltan duas xornadas por disputar na LNB Conferencia Noroeste (a do 19 de abril no Frontón de Riazor e unha última sen determinar nin data nin o día, pero antes do 31 de maio) e as clasificacións por Franquicias e individuais nos primeiros postos están así:


Franquicea--------puntos
Xarutos------------135
Furabolos----------131
Filloas de sangue---105
Taravelas-----------90
Atreu---------------77
Feniáns galegos-----55
Curriolos------------39

Individuais:

Palanador-------Franquicia-------puntos

Ivan-------------Furabolos-----------35
Sergio------------xarutos-------------33
Toño-------------furabolos------------33
Maceiras---------Xarutos-------------32
Xaquin-----------Tarabelas-----------31
Xose Anton-------furabolos-----------31
Rafa--------------xarutos-------------31
Roi---------------filloas de sangue----30
Sergio------------Furabolos-----------26
Jose Moris--------Filloas de sangue----25
Anxo--------------Tarabelas-----------25
Jano--------------atreu----------------24

Disputarán os Play Offs por equipos o primeiro clasificado de cada unha das tres Conferencias e individualmente os oito primeiros clasificados de cada Conferencia. Hai concurso de varados, para os primeiros catro clasificados de cada Conferencia. Iván de Furabolos vai moi destacado, con catro varados cando os perseguidores teñen un cada un. Tamén hai concurso feminino para as primeiras catro clasificadas de cada Conferencia. Raquel e Yolanda de Furabolos teñen asegurada a participación na final.
O mais complicado é a clasificación por equipos e individual. Vexamos: quedan duas xornadas, en cada xornada xóganse 24 puntos polo que cada equipo pode acadar un máximo de 48 puntos. Sen descartar ao terceiro (Filloas de sangue) que teñen unha mínima posibilidade se hai un dobre descalabro dos primeiros, o mais normal é que os Xarutos ou os Furabolos disputen o campionato. E será a cara de can.
Polo que se refire aos palanadores individualmente, está todo moi apretado: hai un corte entre o oitavo e os catro seguintes de 4, 5 e 6 puntos. En cada xornada a máxima puntuación é de 6 puntos, faltan por tanto 12 puntos por xogar. Todo parece indicar que os oito que irán a Conxo sairán destes doce primeiros, pois o seguinte (Kiko dos Xarutos) está a nove puntos do oitavo.
O día 19 de abril no Frontón de Riazor, poden empezar a aclararse as cousas, ou o mellor hai que esperar a última xornada para aclaralo todo, é o mais seguro. Sorte Furabolos e Furabolas.

No hay comentarios: