12/4/09

1º Aberto de Billarda no concello de O Pino

No campo da Magdalena (castrofeito)
Sabado 18 ás 16 : 00
A Asociación Cultural Deportiva Furabolos có motivo de espallar, e difundir o xogo da billarda ou estornela vai celebrar o seu 1º aberto. Polo que todos aqueles que queiran participar en tal evento, ou tan so recordar vellos tempos non teñen máis que acercarse ao campo da Magdalena, Castrofeito, O Pino. Non se preocupen do material, eles encárganse de todo.
Premios:
1º un xamón
2º un queixo
3º unha ristra de chourizos

Estades todos convidados a unhas
Cañas no terreo de xogo.

Organiza: ACD FURABOLOS.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver se non chove o sábado porque vai estar moi interesante, sobre todo para os veteranos que teñen que afinar moito, pois hai xente nova que se lle dá moi ben esto da estornela, quizais a rede do campo debería estar un pouco máis alta ou contratar un recollebillardas, non sería mala idea!, bueno eu confío nos Furabolos, máis que nada que se ganan eles ó mellor tócame un cacho de xamón ou aínda que sexa un chourizo xa me conformo...

Raquel dijo...

Que se preparen os socios para o sábado, os Furabolos van a por todas!!!