26/2/10




BILLARDA ALL STARS_2010 7 DE MARZO [ CONCELLO DO PINO ]
Iste vindeiro domingo 7 de Marzo , na pista do Marquiño ( ó carón da estrada nacional ) no Concello do Pino , vai celebrarse o Billarda All Stars_2010 , unha auténtica reunión de estrelas diste emerxente e espectacular deporte de esencia tradicional que en sesión de mañá prepara o espectacular Concurso de Varados e Habilidades: 12 h , e o explosivo Concurso de Mates : 13 h. Despois dun xantar de irmandade , ás 16:30 H. do serán realizarase o gran Aberto das Estrelas, un partido que reunirá na pista do Pino os mellores palanadores e palanadoras do país xunto cos rouquis ou novatos que queiran inicarse niste deporte que arrinca chantos e invade leiras. Ademáis A LNB prepara o referencia disco de apoio a ista revolución deportivo-social con temas exclusivos de temática billardeiro dos mellores grupos galegos, temas que soaran nas respectivas sesiósn a pé de pista na mañán e tarde que o LNB SOUND SYSTEM, o colectivo de djs que acompañan cada un dos asaltos da LNB, realizarán no concello do Pino nun dos de seguro históricos machucos billardeiro