20/2/10

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O "BILLARDA ALL STARS 2010" NO CONCELLO DO PINO!!
Despois de tanta emoción nas pistas de cada Conferencia chega o tan desexado primeiro gran estalo Nacional , donde se vai tecer a descomunal tearaña billardeira que é hoxe a LNB. E como non podía ser menos , son, outro ano máis , os encarapuchados da LNB os encargados de facer saltar todas as alarmas para comezar a excitante conta atras cara o vindeiro 7 de Marzo na Pista do Marquiño do Concello do Pino desputar unha nova edición do Billarda All Stars. Atentos ás pantallas porque apresentaremos o explosivo cartaz de actos con dóbel sesión de mañá e tarde. É por elo que chamamos á coordianción de accións en tódolos frontes, búscase coma sempre a participación de representación das catro conferencias , nista edición ademáis máis importante ca nunca xa que se vai por en marcha a Mesa Nacional da LNB , un órgano referencial para abranguer de xeito óptimo os grandes desafíos deportivos e sociais nos que está inmersa a tribo LNB. Comeza a conta atrás para ir organizando as serpes de carros dende as conferencias, incluida a Norleste que ista vez acudirá ó Pino ó bravo coma o resto dos palanadores e palanadoras, ademáis pedimos xa que os coordinadores vaian aproximando o número de asistentes para o xantar de irmandade e facilitar así a xestión dos irmáns Furabolos.....fungan xa as billardas cara o Pino!!

O Pino co All star da Billarda

A SERPE DE CARROS CARA O ALL STARS SITÚA O RETROVISOR ANTES DE INICIAR A MARCHA CARA Ó PINO!!
Na boráxine dunha infinda fuxida cara diante que é a revolución LNB , convén de vez en cando botar un ollo polo retrovisor para non pegarse a gran ostia. Nun intre que xa rumban os motores da serpe multicor na conta atrás cara ó Billarda All Stars do 7-M no Pino a brisa do poderoso vento de cavarnadá empúranos ó frente e fainos botar un chisco a ollada atrás nun espectacular análise de presente, pasado e futuro disna nosa imparábel revolución na que estamos inmersos: ..... crear unha liga nacional con varias conferencias, all star, torneos, competicións parroquiais... Posibelmente houbese miradas condescendentes ou desconfiadas sobre o proxecto, unha aposta polo gozo do deporte que rexeitaba a ollada etnográfica e museística, que non quería teorizar para as librarías nin as bibliotecas, que fuxía de acabar pechado na etiqueta dos "xogos populares" (ámbito este moi importante, desde logo, mais diferente do deportivo e de competición). O tempo deulles a razón aos hoxe amos da billarda, convertida a LNB nunha realidade deportiva e cultural aberta e ampla, feita día a día desde a base, construída de abaixo a arriba, sen apenas apoios, e que soubo vincularse á cultura e aos movementos sociais sen supeditarse a eles, sumando e achegando unha mirada fresca, alegre, tamén combativa. Feble no económico, mais fortísima no compromiso e gozo dos seus xogadores e seareiros.[ le o estalo íntegro akí ]