4/8/12

Un ano máis chega o aberto do Fouciño de Ouro, sempre coincidía co festival (O Pino Folk), pero este ano co tema da crise aínda non esta claro se se vai facer o festival. O que si facemos é o 4º aberto fouciño de ouro (que entra dentro do circuito de verán, puntuable para facerse coa chaqueta da LNB).
Vai ser diferente ao dos anos anteriores, sobre todo no sistema de xogo, temos un xantar de amizade , concurso de triplas, concurso de varados, etc.
Todos os que se queiran anotar ao xantar poden facelo no correo (acdfurabolos@hotmail.com) ou no teléfono 654232108 avisando a Toño.
MENÚ: Empanada, mexillóns, chipiróns, carne de potro, carne asada, café e postre, por 15 €.
Se estás de vacacións, ou queres pasar un sábado xogando á billarda, vente ao hostal restaurante O CRUCEIRO, nacional 634 km 695 en Lardeiros (O Pino).