15/8/09

1º Aberto fouciño de ouro







Ben, o 1º aberto do Fouciño de Ouro (macizo, non do que caga o mouro) foi espectacular por dúas cousas primeiro porque participou moita xente de moitos sitios e en segundo lugar porque se creou a Conferencia Central (Área Estornela)que vai facer moita forza na LNB do 2009-2010.
O día estivo fresco, pero a xente achegouse igual ó aparcadoiro do Cruceiro, penso que se van facer moitas máis citas alí polo céntrico do sitio para todos e tamén porque Pepe nos deu ben de comer, repetirase máis veces.
Os Campións coma sempre moi ben, na billarda tamén é importante o día que teñas e a sorte, neste caso os afortunados foron Toño de Furabolos que acadou o fouciño de ouro, Rubén de Furabolos o de prata e Daniel de Billardeiros Musicais o de bronce, Daniel tamén acadou o premio de triples.
Para o ano xa temos cita no 2º aberto do Fouciño de Ouro, esperámosvos, e agora a prepararse para a Liga que xa chega setembro, ánimo Furabolos!!!