23/10/09


Domingo 8 de Novembro>> III Copa Cantábrica: A Auténtica defende o posesión do Copo fronte á poderosa selección Asturiana. Xogarase ó stilo CNL , é dicer, no canto de introducir a billarda no Varal farémolo no espezo circular que eles denominan "castru". Ginés dos Remourlle Bulls encabeza a listaxe da Selección Galega ó imporse no Aberto da Auténtica celebrado na previa daquel mítico Galiza-Iran de futbol na Coruña , ademáis vai facer as función de xogador-seleccionador polo que será quen mova os peóns da Auténtica na pista axudado ademaís pola capitana da selección que será Carmiña. A LNB porá á disposición dos palanador@s a Guagua da LNB con saída ás 9 h da estación de buses de Ribadeo cun custe máximo do billete de 10 euros + o xantar de custe tope 12 euros:. Inscríbete xa para formar parte da expedición da Auténtica e saber as prazas que necesitamos: ovaral@hotmail.com / 619.570976 -Sábado 14 de Novembro:


I PASAIKo BADIA IREKIA [txirikila-billarda] I ABERTO BAHÍA DE PASAIA>> Atención: Haberá serpe de carros dende a Galiza coordinada dende a Conf. Sur , o embaixador-billerdeiro en Euskal-Herria Mourinho será o encargado de o venres conducir a palestra sobre a billarda e a revolución LNB cunha espectacular montaxe audiovisual e a expedición da Auténtica será que o sábado pola mañá de coordine o Aberto na vila de Pasaia, se pensas que podes ser útil nista explosiva aventura inscríbete xa para organizar ista expedición que vai facer história: 627.780891 / abelaido@hotmail.com


10/10/09

Ivan dos Furabolos proclamouse vencedor do 1º aberto puntuable para a liga da conferencia centro 09/10, o vencer nunha final a tres a Basilio dos Trouleiros e a Carpinteiro do sporting da Pontraga; facendose así co liderato da liga e poñendo os furabolos como 1º de equipos.

video

01/10/09

Demostracións en Negreira

Foi todo un éxito ás clases impartidas pola xente de furabolos a xente de Negreira, incluso os mais novos desafiáron os veteranos. Por eso, esto da billarda estase convertindo nunha revolución deportiva.

18/09/09

Con motívo das festas de Negreira e a inaguración do polideportivo, os de xogos tradicionais de Santiago van celebrar unhas xornadas de chave, trompo, aro e de billarda ou estornela. Furabolos e a conferencia centro van colaborar con eles facendo unhas pequenas demostracións pa xente que queira participar.


10/09/09

06/09/09

Liga nacional de billarda

Como xa sabedes a liga nacional de billarda estrea, a conferencia centro que terá como obxectivo unha delegación aqui no centro é dicir abarcará a comarca de Santiago, Ordes, a Estrada e o Barbanza.
A liga comezará o máis probable o 27 de setembro 09 por eso convocamos unha reunión o 11 de setembro no bar O Puente (saída Milladoiro cara a Santiago)ás 21:00 para os equipos que queiran inscribirse e preparar algúns detalles de última hora.
CALENDARIO liga LNB 2009/2010
4 deOUTUBRO: 1ª Xornada LNB: 1º Aberto..
18 DE OUTUBRO: 2ª xornada LNB: 2ºAberto..
22 DE NOVENBRO: 3ª Xornada LNB: 3º Aberto..
13 DE DECEMBRO 4ª Xornada LNB: 4º Aberto..
20 DE DECEMBRO: 5ª Xornada LNB: 5º Aberto..
17 DE XANEIRO: 6ª Xornada LNB: 6º Aberto..
7 DE FEBREIRO 7ª Xornada LNB: 7º Aberto..
14 DE MARZO 8ª Xornada LNB: 8º Aberto..
25 DE ABRIL: 9ª Xornada LNB: 9º Aberto..
9 DE MAIO: 10ª Xornada LNB: 10º Aberto..


ABERTOS NON PUNTUABLES PA LIGA

8 NOVEMBRO: Copa Cantabrica
7 MARZO : All Stars
25 ABRIL: Xerro do Salnes


30 MAIO: Finais de liga en Conxo, os 8 1º de cada liga
maís o 1º equipo de cada conferencia, mais os 4 mellores en varados.

Algunhas destas datas pode variar .