17/11/10

3ª xornada de liga Conferencia Centro

Despois dunha desastrosa 2ª xornada de liga, chega unha terceira xornada onde os Furabolos tentaran pasarlle diante ós Bateas e recortarlle algúns puntos ós Trouleiros. O pavillón de Arca no Pino é un terreo propicio para eles posto que é unha pista rápida e eles teñen xente experta en facer varados.
Así que esperámosvos a todos/as o sábado día 20 ás 16:00 non faltedes os que queirades xogar, os que queirades ver como xogamos e os que queirades animar a algún equipo favorito.
Saúdos a todos!!

12/11/10

3º ABERTO DE LIGA

3º Aberto de billarda organizados polos irmans Furabolos, que loitaran a morte para facerse cos primeiros postos nas clasificacions da conferncia centro.
Recordamos que Trouleiros van en 1º lugar e Bateas de 2º.

7/11/10

RESULTADO DO 2º ABERTO DE LIGA


Despois desta 2ª xornada de liga os furabolos van de mais a menos, ningun dos seis participantes nesta xornada conseguiu pasar de dezaseisavos por eso tan so puntuaron con seis dos vintedous puntos que se poden chegar a puntuar, necesitan urxentemente algun fichaxe de inverno. Por si alguien quere fichar que se poñan en contacto con eles.

8/10/10



Estas son as imaxes do 1º aberto de liga 2010 /11 donde só Toño de Furabolos consegiu facerse co 2º posto, Ivan quedaria eliminado en cuartos de final ante Toño e Xose Anton en oitavos ante Xose de Bateas; polo outro lado Yolanda e Raquel xa non conseguiron pasar a fase de grupos .
O 23 de outubro na Pontraga celebrarase o 2º aberto puntuable para a liga.


1ª xornada de liga conferencia centro
A primeira xornada de liga na Conferencia Centro comezou con Basilio arrasando e gañando a Toño nunha final de infarto. No tercer e carto posto Hugo e Rubén tiveron un enfrentamento fraticida entre trouleiros no que se impuxo Ruben.Destacar no lanzamento de longa distancia a Sheila que cun lanzamento de 8 metros álzase no mais alto da clasificación na sua categoria. Despois da multitude de protestas, na próxima competición de lanzamento longa distancia de billardas as medicions serán con distanciometro laser Leica d2.Hai unha nova entrada no blog para comentarios hai que usala.Basilio seguirá en cor azul ata as probas de ADN. As erratas forón para demostrar a cantidade de seguidores de este bloge asi me gusta que participedes.

CLASIFICACIÓN XERAl (os 16 1ºs)

Palanador----------Equipo....................Puntos

1º BASILIO----------TROULEIROS-------7
2º TOÑO-------------FURABOLOS--------6
3º RUBEN LOPEZ---TROULEIROS--------5
4º HUGO-------------TROULEIROS-------4
5º IVAN--------------FURABOLOS---------3
6º XOSE RODIÑO----BATEAS-------------3
7º CESAR-------------S PONTRAGA-------3
8º XAN RODIÑO------BATEAS-----------3
9º CARMELA¡--------TROULEIROS------2
10º LUIS-------------BATEAS------------2
11º XOSE ANTON----FURABOLOS-------2
12º RAMAS ----------A.SAN MATEO-----2
13º GUERRA---------XOG TRADI--------2
14º IVAN-------------BATEAS-----------2
15º ROCHA-----------XOG TRADI-.------2
16º RUBEN-----------TROULEIROS------2

Clasificacion por equipos:

Equipo-------------Puntos

Trouleiros-----------18
Furabolos-----------12
Bateas--------------10
Xog Trad-------------6
A sam Mateo---------5
S Pontrag------------3

Lista de palaneadores e palaneadoras e as suas plusmarcas de billarda:

1º Xose Rodiño..............37m 60 cm
2º Xan Rodiño...............37m 55cm
3º Cesar........................37m 20cm
4º Dubra.......................36m 70cm
5º Diego........................31m
6º Ruben.......................28m
7º Hugo.........................25m 40cm
8º Basilio.......................24m 50cm
9º Ivan(bateas)...............24m 30cm
10º Xose........................23m 80cm
11º Raquel.....................20m 25cm
12º Toño.......................19m 80cm
13º Coton......................19m 40cm
14º Yolanda...................19m
15º Ruben Martinez........17m
16º Luis.........................16m 50cm
17º Santi........................16m
18º Begoña....................15m
19º Ivan(furabolos).........14m 60cm
20º Raquel(trouleiros).....14m 55cm
21º Ramas.....................10m 10cm
22º Carmela...................10m
23º Sheila.......................8m
24º Sanches....................2m 50cm

13/6/10

Aberto de billarda no Folk in Rio

Estades todos convidados o Folk in Rio este domingo 20, polos irmans de Acasdu (asociacion as sobreiras do Ulla) no que habera un aberto da billarda as 11/00 e despois concurso cantos na taberna, comida de irmandade e para finalizar actuacions musicais.

Campeons nacionais (Conxo 09/109

Xa temos campeons de setornela (billarda) 09/10, entre os que a conferencia centro ea conferencia norleste deixaron claro o seu bo estado de forma. Fixeronse cos 4 titulos de campeons nacionais, pola conferencia centro Carmela campeona femenina e Hugo campeon de varados, e pola conferencia norleste Os Outros campeon por equipos e Markitos campeon nacional masculino.

26/2/10




BILLARDA ALL STARS_2010 7 DE MARZO [ CONCELLO DO PINO ]
Iste vindeiro domingo 7 de Marzo , na pista do Marquiño ( ó carón da estrada nacional ) no Concello do Pino , vai celebrarse o Billarda All Stars_2010 , unha auténtica reunión de estrelas diste emerxente e espectacular deporte de esencia tradicional que en sesión de mañá prepara o espectacular Concurso de Varados e Habilidades: 12 h , e o explosivo Concurso de Mates : 13 h. Despois dun xantar de irmandade , ás 16:30 H. do serán realizarase o gran Aberto das Estrelas, un partido que reunirá na pista do Pino os mellores palanadores e palanadoras do país xunto cos rouquis ou novatos que queiran inicarse niste deporte que arrinca chantos e invade leiras. Ademáis A LNB prepara o referencia disco de apoio a ista revolución deportivo-social con temas exclusivos de temática billardeiro dos mellores grupos galegos, temas que soaran nas respectivas sesiósn a pé de pista na mañán e tarde que o LNB SOUND SYSTEM, o colectivo de djs que acompañan cada un dos asaltos da LNB, realizarán no concello do Pino nun dos de seguro históricos machucos billardeiro

20/2/10

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O "BILLARDA ALL STARS 2010" NO CONCELLO DO PINO!!
Despois de tanta emoción nas pistas de cada Conferencia chega o tan desexado primeiro gran estalo Nacional , donde se vai tecer a descomunal tearaña billardeira que é hoxe a LNB. E como non podía ser menos , son, outro ano máis , os encarapuchados da LNB os encargados de facer saltar todas as alarmas para comezar a excitante conta atras cara o vindeiro 7 de Marzo na Pista do Marquiño do Concello do Pino desputar unha nova edición do Billarda All Stars. Atentos ás pantallas porque apresentaremos o explosivo cartaz de actos con dóbel sesión de mañá e tarde. É por elo que chamamos á coordianción de accións en tódolos frontes, búscase coma sempre a participación de representación das catro conferencias , nista edición ademáis máis importante ca nunca xa que se vai por en marcha a Mesa Nacional da LNB , un órgano referencial para abranguer de xeito óptimo os grandes desafíos deportivos e sociais nos que está inmersa a tribo LNB. Comeza a conta atrás para ir organizando as serpes de carros dende as conferencias, incluida a Norleste que ista vez acudirá ó Pino ó bravo coma o resto dos palanadores e palanadoras, ademáis pedimos xa que os coordinadores vaian aproximando o número de asistentes para o xantar de irmandade e facilitar así a xestión dos irmáns Furabolos.....fungan xa as billardas cara o Pino!!

O Pino co All star da Billarda

A SERPE DE CARROS CARA O ALL STARS SITÚA O RETROVISOR ANTES DE INICIAR A MARCHA CARA Ó PINO!!
Na boráxine dunha infinda fuxida cara diante que é a revolución LNB , convén de vez en cando botar un ollo polo retrovisor para non pegarse a gran ostia. Nun intre que xa rumban os motores da serpe multicor na conta atrás cara ó Billarda All Stars do 7-M no Pino a brisa do poderoso vento de cavarnadá empúranos ó frente e fainos botar un chisco a ollada atrás nun espectacular análise de presente, pasado e futuro disna nosa imparábel revolución na que estamos inmersos: ..... crear unha liga nacional con varias conferencias, all star, torneos, competicións parroquiais... Posibelmente houbese miradas condescendentes ou desconfiadas sobre o proxecto, unha aposta polo gozo do deporte que rexeitaba a ollada etnográfica e museística, que non quería teorizar para as librarías nin as bibliotecas, que fuxía de acabar pechado na etiqueta dos "xogos populares" (ámbito este moi importante, desde logo, mais diferente do deportivo e de competición). O tempo deulles a razón aos hoxe amos da billarda, convertida a LNB nunha realidade deportiva e cultural aberta e ampla, feita día a día desde a base, construída de abaixo a arriba, sen apenas apoios, e que soubo vincularse á cultura e aos movementos sociais sen supeditarse a eles, sumando e achegando unha mirada fresca, alegre, tamén combativa. Feble no económico, mais fortísima no compromiso e gozo dos seus xogadores e seareiros.[ le o estalo íntegro akí ]