ACD FURABOLOS

Promocion do xogo da billarda é outros xogos tradicionais

3/1/10


Publicado por acd furabolos en 2:20 No hay comentarios:

Publicado por acd furabolos en 2:19 No hay comentarios:
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a: Entradas (Atom)

A cerca de min

Mi foto
acd furabolos
Ver todo mi perfil

Ligazons

  • O varal
  • Conferencia cetro
  • Lnb norleste
  • Lnb noroeste
  • Lnb sur
  • Espor(a) liriu
  • Foto varal
  • O varal morse
  • Tele varal
  • Myspace
  • Radi varal
  • Lnb en vieiros
  • Tenda lnb
MEMBROS DE ACD FURABOLOS:

PRESIDENTE: XOSE ANTON
SECRETARIA: RAQUEL
TESOUREIRO: TOÑO
VOGAL 1: IVAN
VOGAL 2 : YOLANDA

QUEN SOMOS:
Somos unha asociación de xogos tradicionais especialmente baseados no xogo da billarda, coa nosa sede ubicada en Lardeiros concello do Pino .Co ánimo de espandir polo mundo enteiro este xogo (e outros xogos tradicionais) levamos uns meses rocorrendo toda Galiza, competindo con outra xente e preparándonos para poder ensinar e fomentar iste deporte.

FUNDAMENTO DO XOGO :

O xogo consiste en tratar de chegar coa billarda ata o varal antes cao teu contrincante, utilizando para o mesmo golpexos que imos dando co palán na billarda, despois de levantala do chan co mesmo, e golpeala posteriormente no aire para enviala cara o varal.

NORMAS DO XOGO:

O xogo realizase nun campo de forma rectangular e cunhas medidas de 50 metros de longo por 20 metros de ancho. O campo ten marcado as medidas do mesmo cunha raia que une os puntos todos do mesmo. Ó mesmo tempo nun dos laterais de 20 metros ten marcado no centro un cadrado de 60 cm x 60 cm denominado zona de saque. No outro lateral está marcado o varal que ten unha medida de 3,60 metros de lonxitude. O varal non posúe longueiro polo que prolongaremos a liña imaxinaria dos postes.
Tendo o campo marcado comenzamos a xogar:


XOGAMOS:

Os palanadores situanse na zona de saque, cada un co seu palán e máis coa súa billarda. A orde de lanzamento será alternativa.

O primeiro palanador situa a súa billarda no chan e sobre a zona de saque. Co palán suxeitado coa man temos que golpeala billarda nun dos seus extremos para que ela brinque polo aire e así poder baterlle de novo sen que a mesma caia ó chan. No lanzamento trataremos de que a billarda colla a dirección do varal. Cada xogador só ten unha opción de golpe válida, polo que se o xogador golpea a billarda no chan e esta non se levanta, considerase opción de tiro, e pasa o turno ó contrincante. Se a billarda se levanta do chan pero non a golpeamos no aire, ocorre o mesmo, pasa o turno ó contrario. Calquera situación na que a billarda é tocada polo palán, está considerada coma lanzamento, tanto se é un bo lance, coma se é malo. A billarda nunca se pode golpear desde que toque no chan despois de ser levantada, pero mentras que a mesma non o toque, podémola golpear no aire tantas veces coma a nosa habilidade nolo permita.

No primeiro lanzamento o xogador pode chegar a conseguir introducir a billarda no varal, acción que se denomina "varado". Se esto sucedese ó seu contrario tería que facer a mesma xogada para empatar a partida, senón a partida xa ten gañador. Se o primeiro lanzamento non consegue ser varado, o palanador fai o seguinte lanzamento desde o sitio que a billarda se detén despois de ser lanzada. Está prohibido mover, parar ou desviar a billarda intencionadamente mentras a mesma está rodando. Se este mesmo lanzamento, ou calquera outro, sae por fóra da pista o seguinte faise desde o punto da liña por onde a billarda se bote fóra, denominada esta acción "saque de banda". Só podemos sacar de banda cando a billarda despois de ser lanzada toca polo menos unha vez dentro da pista, porque se o lanzamento sae fóra directamente, vólvese ó sitio de onde lanzamos. Se o lance sae pola liña de fondo, a billarda volve a situarse no mesmo sitio

No caso de que unha billarda caia ou pare xusto na liña de banda ou na liña de varal, só se considera que está fóra ou dentro respectivamente, cando a billarda supera por completo a liña, tendo que estar todo o corpo da billarda do outro lado.

Como xa dixemos, a orde de tiro é alternativa, e gaña a partida aquel xogador que consegue meter a billarda por entre o varal antes ca o seu contrincante, usando sempre o mesmo número de lances ámbolos dous palanadores. Pode darse o caso de que unha partida quede en empate, sempre que no memos número de golpes os palanadores metan as súas billardas no varal.

COMPETICIÓNS:

Segundo o número de xogadores a participar no xogo pódense organizar diferentes tipos de competicións, o que mais se fai son abertos ou liguillas entre os palanadores.








A caixa forte

  • ►  2013 (2)
    • ►  octubre (2)
      • ►  oct 21 (1)
      • ►  oct 14 (1)
  • ►  2012 (6)
    • ►  agosto (1)
      • ►  ago 04 (1)
    • ►  junio (3)
      • ►  jun 22 (1)
      • ►  jun 08 (1)
      • ►  jun 05 (1)
    • ►  mayo (1)
      • ►  may 27 (1)
    • ►  febrero (1)
      • ►  feb 20 (1)
  • ►  2011 (19)
    • ►  agosto (4)
      • ►  ago 28 (2)
      • ►  ago 05 (2)
    • ►  julio (2)
      • ►  jul 03 (1)
      • ►  jul 02 (1)
    • ►  junio (10)
      • ►  jun 26 (3)
      • ►  jun 19 (1)
      • ►  jun 08 (6)
    • ►  mayo (1)
      • ►  may 07 (1)
    • ►  enero (2)
      • ►  ene 28 (2)
  • ▼  2010 (14)
    • ►  noviembre (3)
      • ►  nov 17 (1)
      • ►  nov 12 (1)
      • ►  nov 07 (1)
    • ►  octubre (2)
      • ►  oct 08 (2)
    • ►  junio (2)
      • ►  jun 13 (2)
    • ►  febrero (5)
      • ►  feb 26 (2)
      • ►  feb 20 (2)
      • ►  feb 01 (1)
    • ▼  enero (2)
      • ▼  ene 03 (2)
        • Sin título
        • Sin título
  • ►  2009 (46)
    • ►  octubre (3)
      • ►  oct 23 (1)
      • ►  oct 10 (1)
      • ►  oct 01 (1)
    • ►  septiembre (4)
      • ►  sept 18 (1)
      • ►  sept 10 (1)
      • ►  sept 06 (2)
    • ►  agosto (3)
      • ►  ago 21 (2)
      • ►  ago 15 (1)
    • ►  julio (4)
      • ►  jul 29 (2)
      • ►  jul 06 (2)
    • ►  junio (5)
      • ►  jun 21 (3)
      • ►  jun 17 (1)
      • ►  jun 03 (1)
    • ►  mayo (6)
      • ►  may 29 (1)
      • ►  may 28 (1)
      • ►  may 19 (1)
      • ►  may 18 (2)
      • ►  may 06 (1)
    • ►  abril (5)
      • ►  abr 20 (1)
      • ►  abr 19 (1)
      • ►  abr 13 (1)
      • ►  abr 12 (1)
      • ►  abr 09 (1)
    • ►  marzo (5)
      • ►  mar 29 (1)
      • ►  mar 22 (2)
      • ►  mar 03 (1)
      • ►  mar 01 (1)
    • ►  febrero (7)
      • ►  feb 28 (2)
      • ►  feb 27 (1)
      • ►  feb 13 (1)
      • ►  feb 09 (1)
      • ►  feb 05 (1)
      • ►  feb 01 (1)
    • ►  enero (4)
      • ►  ene 21 (3)
      • ►  ene 18 (1)

Si@reiros

Vistas de página en total

Tema Picture Window. Con la tecnología de Blogger.