6/7/09

1º ABERTO FOUCIÑO DE OURO

Como xa sabedes a asociación cultural Reviravolta ven celebrando desde hai uns anos a festa da malla e con ela fai un festival folk. Furabolos quere participar axudándolle a xuntar xente por eso imos intentar facer un gran aberto de billarda, comezaremos ás 12:00 cun concurso de triples para que a xente que se achege pola mañá vaia participando e non se aburra, logo faremos o "gran aberto fouciño de ouro" ás 16:00 no que haberá grandes premios, todos os que queiran participar que se poñan en contacto con Furabolos no seu correo electrónico acdfurabolos@hotmail.com


Saúdos e animádevos todos a participar!!