Se ha producido un error en este gadget.

23/10/09


Domingo 8 de Novembro>> III Copa Cantábrica: A Auténtica defende o posesión do Copo fronte á poderosa selección Asturiana. Xogarase ó stilo CNL , é dicer, no canto de introducir a billarda no Varal farémolo no espezo circular que eles denominan "castru". Ginés dos Remourlle Bulls encabeza a listaxe da Selección Galega ó imporse no Aberto da Auténtica celebrado na previa daquel mítico Galiza-Iran de futbol na Coruña , ademáis vai facer as función de xogador-seleccionador polo que será quen mova os peóns da Auténtica na pista axudado ademaís pola capitana da selección que será Carmiña. A LNB porá á disposición dos palanador@s a Guagua da LNB con saída ás 9 h da estación de buses de Ribadeo cun custe máximo do billete de 10 euros + o xantar de custe tope 12 euros:. Inscríbete xa para formar parte da expedición da Auténtica e saber as prazas que necesitamos: ovaral@hotmail.com / 619.570976 -Sábado 14 de Novembro:


I PASAIKo BADIA IREKIA [txirikila-billarda] I ABERTO BAHÍA DE PASAIA>> Atención: Haberá serpe de carros dende a Galiza coordinada dende a Conf. Sur , o embaixador-billerdeiro en Euskal-Herria Mourinho será o encargado de o venres conducir a palestra sobre a billarda e a revolución LNB cunha espectacular montaxe audiovisual e a expedición da Auténtica será que o sábado pola mañá de coordine o Aberto na vila de Pasaia, se pensas que podes ser útil nista explosiva aventura inscríbete xa para organizar ista expedición que vai facer história: 627.780891 / abelaido@hotmail.com


10/10/09

Ivan dos Furabolos proclamouse vencedor do 1º aberto puntuable para a liga da conferencia centro 09/10, o vencer nunha final a tres a Basilio dos Trouleiros e a Carpinteiro do sporting da Pontraga; facendose así co liderato da liga e poñendo os furabolos como 1º de equipos.

1/10/09

Demostracións en Negreira

Foi todo un éxito ás clases impartidas pola xente de furabolos a xente de Negreira, incluso os mais novos desafiáron os veteranos. Por eso, esto da billarda estase convertindo nunha revolución deportiva.

18/9/09

Con motívo das festas de Negreira e a inaguración do polideportivo, os de xogos tradicionais de Santiago van celebrar unhas xornadas de chave, trompo, aro e de billarda ou estornela. Furabolos e a conferencia centro van colaborar con eles facendo unhas pequenas demostracións pa xente que queira participar.


6/9/09

Liga nacional de billarda

Como xa sabedes a liga nacional de billarda estrea, a conferencia centro que terá como obxectivo unha delegación aqui no centro é dicir abarcará a comarca de Santiago, Ordes, a Estrada e o Barbanza.
A liga comezará o máis probable o 27 de setembro 09 por eso convocamos unha reunión o 11 de setembro no bar O Puente (saída Milladoiro cara a Santiago)ás 21:00 para os equipos que queiran inscribirse e preparar algúns detalles de última hora.
CALENDARIO liga LNB 2009/2010
4 deOUTUBRO: 1ª Xornada LNB: 1º Aberto..
18 DE OUTUBRO: 2ª xornada LNB: 2ºAberto..
22 DE NOVENBRO: 3ª Xornada LNB: 3º Aberto..
13 DE DECEMBRO 4ª Xornada LNB: 4º Aberto..
20 DE DECEMBRO: 5ª Xornada LNB: 5º Aberto..
17 DE XANEIRO: 6ª Xornada LNB: 6º Aberto..
7 DE FEBREIRO 7ª Xornada LNB: 7º Aberto..
14 DE MARZO 8ª Xornada LNB: 8º Aberto..
25 DE ABRIL: 9ª Xornada LNB: 9º Aberto..
9 DE MAIO: 10ª Xornada LNB: 10º Aberto..


ABERTOS NON PUNTUABLES PA LIGA

8 NOVEMBRO: Copa Cantabrica
7 MARZO : All Stars
25 ABRIL: Xerro do Salnes


30 MAIO: Finais de liga en Conxo, os 8 1º de cada liga
maís o 1º equipo de cada conferencia, mais os 4 mellores en varados.

Algunhas destas datas pode variar .

21/8/09

Como vedes, a billarda ou estornela non descansa xa se está preparando o próximo aberto para iste fin de semana. Os equipos empezan a prepararse para a liga, posto que xa falta pouco para que empeze. Este ano teremos a 4º conferencia chamada conferencia centro (zona estornela), todos equipos que queiran participar que se poñan en contato co nos.

15/8/09

1º Aberto fouciño de ouro







Ben, o 1º aberto do Fouciño de Ouro (macizo, non do que caga o mouro) foi espectacular por dúas cousas primeiro porque participou moita xente de moitos sitios e en segundo lugar porque se creou a Conferencia Central (Área Estornela)que vai facer moita forza na LNB do 2009-2010.
O día estivo fresco, pero a xente achegouse igual ó aparcadoiro do Cruceiro, penso que se van facer moitas máis citas alí polo céntrico do sitio para todos e tamén porque Pepe nos deu ben de comer, repetirase máis veces.
Os Campións coma sempre moi ben, na billarda tamén é importante o día que teñas e a sorte, neste caso os afortunados foron Toño de Furabolos que acadou o fouciño de ouro, Rubén de Furabolos o de prata e Daniel de Billardeiros Musicais o de bronce, Daniel tamén acadou o premio de triples.
Para o ano xa temos cita no 2º aberto do Fouciño de Ouro, esperámosvos, e agora a prepararse para a Liga que xa chega setembro, ánimo Furabolos!!!

29/7/09

ABERTO DIA DA PATRIA

Despois desta reveindicación Billarda patria e loita, e dese gran torneo de billarda xogado en Belvis, no que se proclamou vencedor Santi da asemblea aberta despois de vencer nunha loita a morte contra Toño de furabolos chega a cita do gran Aberto Fouciño de ouro que se vai celebrar o 8/08/2009 ás 16:00 en Lardeiros no concello de O Pino.




6/7/09

1º ABERTO FOUCIÑO DE OURO

Como xa sabedes a asociación cultural Reviravolta ven celebrando desde hai uns anos a festa da malla e con ela fai un festival folk. Furabolos quere participar axudándolle a xuntar xente por eso imos intentar facer un gran aberto de billarda, comezaremos ás 12:00 cun concurso de triples para que a xente que se achege pola mañá vaia participando e non se aburra, logo faremos o "gran aberto fouciño de ouro" ás 16:00 no que haberá grandes premios, todos os que queiran participar que se poñan en contacto con Furabolos no seu correo electrónico acdfurabolos@hotmail.com


Saúdos e animádevos todos a participar!!

21/6/09

Despois da resaca dos play off de Conxo chega o interparroquial de Ribadeo, donde o premio e un año negro.
Os Furabolos facendo honor a sua franquícia nomada chegouse ata alí para pasar o dia. Gañandolles os Remourelle Bulls e a San Cosme, plantaronse na final xunto cos Billardeiros Musicais e os de Vilamar. Ainda que fixeron todo o que estaba na suas mans non foron quen de facerse coa vitoria, polo que o año negro que resultou ser blanco tubo que quedar ali sendo o Vilamar o gran campion.
Mais información no varal.








17/6/09

play off 2008-2009

"Os Furabolos" pasaron desapercibidos nos play off que se celebraron en Conxo, pois non lle puideron facer fronte ós Paquete Pincha xa que estes foron moi superiores a eles, non conseguiron grandes resultados nin Iván en varados, nin por equipos nin individuais, nas finais femininas tampouco Yolanda puido chegar á final, pero hai que agardar ó ano que vén, tede tino xa que as novas fichaxes veñen con ganas de triunfo, a ver se para tempada 2009-2010 podemos facer unha central que faga tremer ós da conferencia norleste, noroeste e á do sur. Ánimo Furabolos!!! lololo, lololo, lololo lololololololo lololo lololo......

29/5/09

Despois desta final de infarto os Furabolos conseguiron facerse co titulo da LNB noroeste o gañarlle os xarutos por 3 puntos de diferncia, polo que agora teñen que batirse en duelo cos gañadores das outras conferencias. O gran evento vai celebrarse en Conxo o 31 de maio (e decir este domingo) alí van estar os campions.
Sorte Furabolos é a por o campionato nacional

28/5/09

Como xa sabedes a última xornada de liga da conferencia noroeste xa rematou e os Furabolos despois de tanta loita encarnizada cos Xarutos fixéronse co titulo desa conferencia por só 3 puntos de diferencia.

19/5/09

10º é última xornada LNB noroeste

Ola !!
De novo estamos con vos para comunicarvos que o dia 24 de maio é a unha semana dos play off en Conxo; vaise celebrar a última xornada da LNB noroeste en Sada as 16:30 onde os Furabolos teñen moito que gañar ou perder posto que están empatados cos xarutos e decidese todo nesta ultima xornada.
Así que todos a Sada a animares os Furabolos....

un saúdo Toño.............

18/5/09

Aberto dia das letras galegas Marín





Habia moita xente pero pouco a pouco foron eliminados Yolanda e Iván na 1ª ronda, despois foi Xosé Antón e César en 4º de final e quedou só Toño, que despois de gañarlle a Rubén en semifinais o estaba esperando Alberte para a final, pero soubo manter o tipo e fixose coa vitoria marcando un fermoso varado.



Como xa sabedes o día das letras galegas os de Almuinha celebraron a festa da língua.
Houbo actuacións, e actividades todo o día, tamén fixeron un aberto de billarda pola tarde ao que fomos os Furabolos.

6/5/09

XERRO DO SALNES

A poucos dias de decidirse o campión de Liga Nacinal de Billarda noroeste é cos equipos moi igualados. Vaise celebrar un aberto en Pontevedra todos aqueles que qeuiran ir qe se poñan en contacto cos furabolos.











19/4/09

1º Aberto Furabolos

No 1º aberto do Pino, o día non nos axudou posto que choveu a cachóns aínda así fomos uns poucos os atrevidos a desafiar as inclemencias do tempo e alí no campo da Magdalena voaron as billardas rachando as gotas de auga que caían a cachón.
Quince participantes entre os que estaba, Rubén da franquicia Lideiras da conferencia sur que nos honrou coa súa presenza.
Houbo moitas sorpresas nas cales o noso campión Iván quedou eliminado nos 4º de final polo seu irmán Rubén que estaba rachador, e outro dos campións como é Xose Antón quedou eliminado polo outro Rubén de Mos que foi gañador do xamón.

Resultados:
  1. Rubén de Mos un xamón
  2. Toño de Furabolos un queixo
  3. José de Castrofeito unha ristra de chourizos
  4. Rubén López dúas barras de pan

12/4/09

1º Aberto de Billarda no concello de O Pino

No campo da Magdalena (castrofeito)
Sabado 18 ás 16 : 00
A Asociación Cultural Deportiva Furabolos có motivo de espallar, e difundir o xogo da billarda ou estornela vai celebrar o seu 1º aberto. Polo que todos aqueles que queiran participar en tal evento, ou tan so recordar vellos tempos non teñen máis que acercarse ao campo da Magdalena, Castrofeito, O Pino. Non se preocupen do material, eles encárganse de todo.
Premios:
1º un xamón
2º un queixo
3º unha ristra de chourizos

Estades todos convidados a unhas
Cañas no terreo de xogo.

Organiza: ACD FURABOLOS.

9/4/09

D E S T I N O C O N X O (31 d e m a i o de 2009)

Faltan duas xornadas por disputar na LNB Conferencia Noroeste (a do 19 de abril no Frontón de Riazor e unha última sen determinar nin data nin o día, pero antes do 31 de maio) e as clasificacións por Franquicias e individuais nos primeiros postos están así:


Franquicea--------puntos
Xarutos------------135
Furabolos----------131
Filloas de sangue---105
Taravelas-----------90
Atreu---------------77
Feniáns galegos-----55
Curriolos------------39

Individuais:

Palanador-------Franquicia-------puntos

Ivan-------------Furabolos-----------35
Sergio------------xarutos-------------33
Toño-------------furabolos------------33
Maceiras---------Xarutos-------------32
Xaquin-----------Tarabelas-----------31
Xose Anton-------furabolos-----------31
Rafa--------------xarutos-------------31
Roi---------------filloas de sangue----30
Sergio------------Furabolos-----------26
Jose Moris--------Filloas de sangue----25
Anxo--------------Tarabelas-----------25
Jano--------------atreu----------------24

Disputarán os Play Offs por equipos o primeiro clasificado de cada unha das tres Conferencias e individualmente os oito primeiros clasificados de cada Conferencia. Hai concurso de varados, para os primeiros catro clasificados de cada Conferencia. Iván de Furabolos vai moi destacado, con catro varados cando os perseguidores teñen un cada un. Tamén hai concurso feminino para as primeiras catro clasificadas de cada Conferencia. Raquel e Yolanda de Furabolos teñen asegurada a participación na final.
O mais complicado é a clasificación por equipos e individual. Vexamos: quedan duas xornadas, en cada xornada xóganse 24 puntos polo que cada equipo pode acadar un máximo de 48 puntos. Sen descartar ao terceiro (Filloas de sangue) que teñen unha mínima posibilidade se hai un dobre descalabro dos primeiros, o mais normal é que os Xarutos ou os Furabolos disputen o campionato. E será a cara de can.
Polo que se refire aos palanadores individualmente, está todo moi apretado: hai un corte entre o oitavo e os catro seguintes de 4, 5 e 6 puntos. En cada xornada a máxima puntuación é de 6 puntos, faltan por tanto 12 puntos por xogar. Todo parece indicar que os oito que irán a Conxo sairán destes doce primeiros, pois o seguinte (Kiko dos Xarutos) está a nove puntos do oitavo.
O día 19 de abril no Frontón de Riazor, poden empezar a aclararse as cousas, ou o mellor hai que esperar a última xornada para aclaralo todo, é o mais seguro. Sorte Furabolos e Furabolas.

22/3/09

Este domingo 29 volve a LNB na conferencia noroeste a partir das 16:00 no froton de Riazor os Furabolos tentaran arrebatarlle o liderato aos Xarutos posto que teñen unha guerra sicolóxica con eles, todos queren estar nos play off que se van celebrar en Conxo (Santiago de Compostela).










3/3/09


Clasificación por franquícias

Franquícia---------------pontuacion

Os Xarutos---------------118
Furabolos----------------111
Filloas de Sangue---------96
Atreu---------------------77
Taravelas-----------------75
Fenians Galegos-----------49
Curriolos-----------------33

Clasificación xeral

Palanador--------------------fraquicia------------------pontuacion

Ivan--------------------------furabolos-------------------31
Sergio------------------------xarutos--------------------29
Maceira----------------------xarutos---------------------29
Roi---------------------------filloas de sangue----------28
Xose Antón-------------------furabolos-------------------27
Toño-------------------------furabolos-------------------27
Xaquím----------------------taravelas--------------------26
Rafa--------------------------xarutos--------------------26

Jose Morís-------------------filloas de sangue------------25
Jano-------------------------atreu-----------------------24
Sergio------------------------furabolos-------------------20
Xan--------------------------atreu-----------------------19
Anxo-------------------------taravelas-------------------19
David Lamas-----------------filloas de asngue------------18
Antón------------------------atreu-----------------------17
Kiko--------------------------xarutos--------------------17
Iago Carmuega---------------fenians galegos-------------16
Miguel------------------------xarutos--------------------15
Iago López--------------------fenians galegos-------------14
Xabi--------------------------taravelas-------------------14
Alberto------------------------filloas desangue------------13
David Fontán------------------filloas de sangue------------12
Manolo------------------------furabolos-------------------12
Toninho-----------------------taravelas-------------------12
Luis Fontán-------------------filloas de sangue-------------11
Leti---------------------------xarutos----------------------11
Daniel-------------------------atreu------------------------10
Raquel-------------------------furabolos--------------------10
Yolanda------------------------furabolos--------------------10
Riaño--------------------------curriolos----------------------8
Alex---------------------------fenians galegos----------------8
Charlie------------------------xarutos------------------------8
Pedro-------------------------curriolos-----------------------7
Rebeca------------------------curriolos-----------------------7
Vilariño-----------------------curriolos-----------------------7
David López-------------------fenians galegos-----------------7
Santi--------------------------xarutos------------------------7
Miguel------------------------atreu---------------------------5
María-------------------------atreu---------------------------4
Ruben-------------------------curriolos-----------------------4
David G.----------------------fenians galegos------------------4
Irene-------------------------curriolos-------------------------3
Marica------------------------taravelas-----------------------3
Aitor--------------------------filloas de sangue----------------2
Roberto-----------------------furabolos-----------------------2
Toni Muiños-------------------taravelas-----------------------2
Anabel-------------------------atreu---------------------------0
María--------------------------curriolos------------------------0

Clasificación por varados

Palanador---------fraquicia---------varados

Iván--------------furabolos---------------4
David Lamas------filloas de sangue--------1
Jano---------------atreu------------------1
Villarino----------curriolos----------------1
Xan---------------atreu-------------------1

Xavi---------------taravelas---------------1

28/2/09

All stars ourense 2009

Domingo 8 de marzo estades todos convidados a este gran evento, as estrelas da lnb vanse xuntar en Ourense para facer un campionato de billarda alí estará a "cren da cren".
Comezaremos sobre as 12:00 ata a noitiña haberá varias competiciós pero pode participar quen queira. Para máis información visitar ovaral.blogspot.com .
Un saúdo, amigos Furabolos.

27/2/09

7ª XORNADA DA LNB NOROESTE

Con motivo da 7ª xornada de liga os furabolos teñen que desprazarse A Coruña, ali esperaos o fronton de riazor, donde tentaranlle arrebatar o 1º posto so Xarutos, ainda que o van ter dificil posto que teñen duas baixas importantes como, son Sergio e Raquel que por motivos persoais non poden xogar. A clasificacion como podedes comprobar esta moi pelexada, posto que non hai nada decidido.
O partido sera no fronton de riazor o domingo as 16:00 (Coruña)

13/2/09

A serpe da LNB

Con motivo da sesta xornada, a serpe da LNB deixase caer esta vez na terra dos Furabolos en Arca, O Pino,o domingo 22 as 4 da tarde, polo que os Furabolos tentaran de coller o liderato os xarutos que tan so estan a un punto. Si alguen esta interesado en coñecer este xogo podese achegar ata o polideportivo, e algun ainda podera xogar como franquicea branca. E sinon pededes animar os Furabolos que falta lle vai facer.

9/2/09

O aberto solidario con Palestina

Como xa sabedes o domingo dia 8 celebrouse o aberto solidario con palestina, ata ali achegarose xente de todas as conferncias da LNB. Polo tanto xa vos podedes imaxinar aquelo era un fervedeiro de billardas. O pavillon de fontiñas etaba a rebosar incluso habia xente que non tiña nada que ver coa LNB pero quixose sumar a tan grande evento.A cousa etubo moi igualada entre as conferencias do sur é do norleste decantandose por gines da conferncia do norleste que foi quen de gañar no desenpate

5/2/09

aberto en santiago

bueno amigos dende a acdfurabolos queremos comunicarbos que o dia 8 de febreiro hay un aberto multitudinario en santiago, para mais informacion entrade na paxina ovaral.com.
graciñas e ata outra.