Se ha producido un error en este gadget.

20/2/10

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O "BILLARDA ALL STARS 2010" NO CONCELLO DO PINO!!
Despois de tanta emoción nas pistas de cada Conferencia chega o tan desexado primeiro gran estalo Nacional , donde se vai tecer a descomunal tearaña billardeira que é hoxe a LNB. E como non podía ser menos , son, outro ano máis , os encarapuchados da LNB os encargados de facer saltar todas as alarmas para comezar a excitante conta atras cara o vindeiro 7 de Marzo na Pista do Marquiño do Concello do Pino desputar unha nova edición do Billarda All Stars. Atentos ás pantallas porque apresentaremos o explosivo cartaz de actos con dóbel sesión de mañá e tarde. É por elo que chamamos á coordianción de accións en tódolos frontes, búscase coma sempre a participación de representación das catro conferencias , nista edición ademáis máis importante ca nunca xa que se vai por en marcha a Mesa Nacional da LNB , un órgano referencial para abranguer de xeito óptimo os grandes desafíos deportivos e sociais nos que está inmersa a tribo LNB. Comeza a conta atrás para ir organizando as serpes de carros dende as conferencias, incluida a Norleste que ista vez acudirá ó Pino ó bravo coma o resto dos palanadores e palanadoras, ademáis pedimos xa que os coordinadores vaian aproximando o número de asistentes para o xantar de irmandade e facilitar así a xestión dos irmáns Furabolos.....fungan xa as billardas cara o Pino!!

No hay comentarios: