6/7/09

1º ABERTO FOUCIÑO DE OURO

Como xa sabedes a asociación cultural Reviravolta ven celebrando desde hai uns anos a festa da malla e con ela fai un festival folk. Furabolos quere participar axudándolle a xuntar xente por eso imos intentar facer un gran aberto de billarda, comezaremos ás 12:00 cun concurso de triples para que a xente que se achege pola mañá vaia participando e non se aburra, logo faremos o "gran aberto fouciño de ouro" ás 16:00 no que haberá grandes premios, todos os que queiran participar que se poñan en contacto con Furabolos no seu correo electrónico acdfurabolos@hotmail.com


Saúdos e animádevos todos a participar!!

21/6/09

Despois da resaca dos play off de Conxo chega o interparroquial de Ribadeo, donde o premio e un año negro.
Os Furabolos facendo honor a sua franquícia nomada chegouse ata alí para pasar o dia. Gañandolles os Remourelle Bulls e a San Cosme, plantaronse na final xunto cos Billardeiros Musicais e os de Vilamar. Ainda que fixeron todo o que estaba na suas mans non foron quen de facerse coa vitoria, polo que o año negro que resultou ser blanco tubo que quedar ali sendo o Vilamar o gran campion.
Mais información no varal.








17/6/09

play off 2008-2009

"Os Furabolos" pasaron desapercibidos nos play off que se celebraron en Conxo, pois non lle puideron facer fronte ós Paquete Pincha xa que estes foron moi superiores a eles, non conseguiron grandes resultados nin Iván en varados, nin por equipos nin individuais, nas finais femininas tampouco Yolanda puido chegar á final, pero hai que agardar ó ano que vén, tede tino xa que as novas fichaxes veñen con ganas de triunfo, a ver se para tempada 2009-2010 podemos facer unha central que faga tremer ós da conferencia norleste, noroeste e á do sur. Ánimo Furabolos!!! lololo, lololo, lololo lololololololo lololo lololo......