23/10/09


Domingo 8 de Novembro>> III Copa Cantábrica: A Auténtica defende o posesión do Copo fronte á poderosa selección Asturiana. Xogarase ó stilo CNL , é dicer, no canto de introducir a billarda no Varal farémolo no espezo circular que eles denominan "castru". Ginés dos Remourlle Bulls encabeza a listaxe da Selección Galega ó imporse no Aberto da Auténtica celebrado na previa daquel mítico Galiza-Iran de futbol na Coruña , ademáis vai facer as función de xogador-seleccionador polo que será quen mova os peóns da Auténtica na pista axudado ademaís pola capitana da selección que será Carmiña. A LNB porá á disposición dos palanador@s a Guagua da LNB con saída ás 9 h da estación de buses de Ribadeo cun custe máximo do billete de 10 euros + o xantar de custe tope 12 euros:. Inscríbete xa para formar parte da expedición da Auténtica e saber as prazas que necesitamos: ovaral@hotmail.com / 619.570976 -Sábado 14 de Novembro:


I PASAIKo BADIA IREKIA [txirikila-billarda] I ABERTO BAHÍA DE PASAIA>> Atención: Haberá serpe de carros dende a Galiza coordinada dende a Conf. Sur , o embaixador-billerdeiro en Euskal-Herria Mourinho será o encargado de o venres conducir a palestra sobre a billarda e a revolución LNB cunha espectacular montaxe audiovisual e a expedición da Auténtica será que o sábado pola mañá de coordine o Aberto na vila de Pasaia, se pensas que podes ser útil nista explosiva aventura inscríbete xa para organizar ista expedición que vai facer história: 627.780891 / abelaido@hotmail.com


No hay comentarios: