4/8/12

Un ano máis chega o aberto do Fouciño de Ouro, sempre coincidía co festival (O Pino Folk), pero este ano co tema da crise aínda non esta claro se se vai facer o festival. O que si facemos é o 4º aberto fouciño de ouro (que entra dentro do circuito de verán, puntuable para facerse coa chaqueta da LNB).
Vai ser diferente ao dos anos anteriores, sobre todo no sistema de xogo, temos un xantar de amizade , concurso de triplas, concurso de varados, etc.
Todos os que se queiran anotar ao xantar poden facelo no correo (acdfurabolos@hotmail.com) ou no teléfono 654232108 avisando a Toño.
MENÚ: Empanada, mexillóns, chipiróns, carne de potro, carne asada, café e postre, por 15 €.
Se estás de vacacións, ou queres pasar un sábado xogando á billarda, vente ao hostal restaurante O CRUCEIRO, nacional 634 km 695 en Lardeiros (O Pino).

22/6/12

Campeóns do folk in rio.

O 1º posto foi para Luis de bateas,o 2º para Balea e o 3º para Ívan de furabolos. Con 20, 19, 18 obtán a chaquta sintética da LNB. O próximo aberto puntuable será o 14 de xullo en Marín ás 16:00.
 

8/6/12

Folk in rio 1º aberto puntuable para conseguir a chaqueta LNB. Sabado 17 ás 11:00. Esperamosvos.

5/6/12

Circuito de verán (LNB)

Acabouse a tempada da liga nacional de billarda 2011-2012, pero seguen os abertos do verán, por iso ACD Furabolos en colaboración coa Conferencia Salnés va celebrar o 1º circuito de abertos deste verán,que serán puntuables para gañar a 1ª chaqueta LNB que se entregará no último aberto alá polo 9 de setembro en Castrofeito, dentro do programa "Xogos Tradicionais en Castrofeito". As datas dos abertos do circuito en principio van a ser do seguinte xeito: (aínda que poden ser modificadas segundo a organización xa que hai datas sen confirmar) 17 de xuño Folk in Río(Touro) 14 ou 21 xullo na Conferencia Salnés? 11 agosto fouciño de ouro ---------------? 9 setembro Castrofeito "Xogos Tradicionais en Castrofeito. Forma de xogo: Grupos de 8 a tres carreiras, as mellores 8 puntuacións loitaran polos primeiros postos (do 1º ao 8º) as segundas mellores loitarán polo posto 9 ao 16 a asi sucesivamente. O primeiro clasificado levará 20 puntos, o segundo 19 e así sucesivamente.

27/5/12

Conxo 2012

Rematou a liga na Conferencia Centro, os Furabolos clasificáronse para ir á final a Conxo. Loitaremos para acadar os primeiros postos a todos os niveis. Manterémosvos informados.

20/2/12

4º Aberto de liga

4º aberro de billarda conferencia centro.

1º clasificado: Rubén de trouleiros
2º clasificado: Basilio de trouleiros
3º clasificado: Xan de bateas
4º clasificado: Ramas san mateo