19/4/09

1º Aberto Furabolos

No 1º aberto do Pino, o día non nos axudou posto que choveu a cachóns aínda así fomos uns poucos os atrevidos a desafiar as inclemencias do tempo e alí no campo da Magdalena voaron as billardas rachando as gotas de auga que caían a cachón.
Quince participantes entre os que estaba, Rubén da franquicia Lideiras da conferencia sur que nos honrou coa súa presenza.
Houbo moitas sorpresas nas cales o noso campión Iván quedou eliminado nos 4º de final polo seu irmán Rubén que estaba rachador, e outro dos campións como é Xose Antón quedou eliminado polo outro Rubén de Mos que foi gañador do xamón.

Resultados:
  1. Rubén de Mos un xamón
  2. Toño de Furabolos un queixo
  3. José de Castrofeito unha ristra de chourizos
  4. Rubén López dúas barras de pan