29/7/09

ABERTO DIA DA PATRIA

Despois desta reveindicación Billarda patria e loita, e dese gran torneo de billarda xogado en Belvis, no que se proclamou vencedor Santi da asemblea aberta despois de vencer nunha loita a morte contra Toño de furabolos chega a cita do gran Aberto Fouciño de ouro que se vai celebrar o 8/08/2009 ás 16:00 en Lardeiros no concello de O Pino.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

santi venceu en calcetíns no aberto da patria , toño randeeira invadíu de glamour A Coruña no Aberto da Auténtica calzado coas súa zocas, descalzos ó Pino para cos pés a lardo vivo loitar polo Fouciño de Ouro, vemonos alí, avante indixenismo billardeiro!!

zimmer103

Anónimo dijo...

Ben, o 1º aberto do Fouciño de Ouro (macizo, non do que caga o mouro) foi espectacular por dúas cousas primeiro porque participou moita xente de moitos sitios e en segundo lugar porque se creou a Conferencia Central (Área Estornela)que vai facer moita forza na LNB do 2009-2010.
O día estivo fresco, pero a xente achegouse igual ó aparcadoiro do Cruceiro, penso que se van facer moitas máis citas alí polo céntrico do sitio para todos e tamén porque Pepe nos deu ben de comer, repetirase máis veces.
Os Campións coma sempre moi ben, na billarda tamén é importante o día que teñas e a sorte, neste caso os afortunados foron Toño de Furabolos que acadou o fouciño de ouro, Rubén de Furabolos o de prata e Daniel de Billardeiros Musicais o de bronce, Daniel tamén acadou o premio de triples.
Para o ano xa temos cita no 2º aberto do Fouciño de Ouro, esperámosvos, e agora a prepararse para a Liga que xa chega setembro, ánimo Furabolos!!!
Saúdos Raquel.