29/7/09
ABERTO DIA DA PATRIA
Despois desta reveindicación Billarda patria e loita, e dese gran torneo de billarda xogado en Belvis, no que se proclamou vencedor Santi da asemblea aberta despois de vencer nunha loita a morte contra Toño de furabolos chega a cita do gran Aberto Fouciño de ouro que se vai celebrar o 8/08/2009 ás 16:00 en Lardeiros no concello de O Pino.
6/7/09
1º ABERTO FOUCIÑO DE OURO
Como xa sabedes a asociación cultural Reviravolta ven celebrando desde hai uns anos a festa da malla e con ela fai un festival folk. Furabolos quere participar axudándolle a xuntar xente por eso imos intentar facer un gran aberto de billarda, comezaremos ás 12:00 cun concurso de triples para que a xente que se achege pola mañá vaia participando e non se aburra, logo faremos o "gran aberto fouciño de ouro" ás 16:00 no que haberá grandes premios, todos os que queiran participar que se poñan en contacto con Furabolos no seu correo electrónico acdfurabolos@hotmail.com
Saúdos e animádevos todos a participar!!
Saúdos e animádevos todos a participar!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)